Arranca a IV edición da Liga de Tenis

Esta semana que entra, bota a andar, por cuarto ano consecutivo, unha nova edición da Liga de Tenis que, como nas ocasións  anteriores, conta coa promoción da SCD Raxó, o Concello de Poio e, como novidade, de distintas casas comerciais e hosteleiras da parroquia de Raxó. Ano a ano, esta competición deportiva, vai gañando en calidade e en participación, superando este ano os 50 inscritos, polo que, dende a SCD Raxó felicitamos a participantes e organizadores pola alta calidade competitiva adquirida pola Liga de Tenis e, tamén como non, pola súa contribución ao prestixido do deporte en xeral da localidade de Raxó

Comments

Deixa una resposta a MONICA BRENNA Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.