Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela

Orquestra de Saxos de Redondela

O vindeiro venres, día 7 de xullo, a partires das 21 horas, organizado pola Sociedade Cultural Deportiva Raxó, co patrocinio da Deputación Provincial e a colaboración do Concello de Poio, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa un concerto da Orquestra de Saxos de Redondela.

Nada fai máis de duas décadas, a Orquestra de Saxos, está integrada por alumnos e alumnas da área de saxofón do Conservatorio de Música de Redondela, agrupando a xoves con idades comprendidas entre os 8 e os 27 anos. Caracterízase por ser unha agrupación orixinal e única, tanto en composición como no seu esprito formativo e básico.

A Orquesta de Saxos dispón de todos os instrumentos da familia do saxo: Sopranino, soprano, alto, tenor, barítono e baixo.

No seu repertorio combinan as pezas corais coas que teñen por protagonistas a diversos instrumentos solistas (saxo, trompeta, piano, violín…

Dende os seus inicios e compaxinando cos estudos musicais,  a Orquestra realiza numerosos concertos de diferente índole por toda Galiza e fora dela.

O seu repertorio adáptase  según as características do publico ao que vai dirixido, abarcando polo tanto, todos os estilos e autores, dende os grandes clásicos até compositores de obras creadas exclusivamente para a Orquestra, pasando, tamén, pola música popular tradicional.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *