“Algo pasa con Paco” nova representación do Poio Escena

Organizada pola SCD Raxó, en colaboración co Concello de Poio e as entidades culturais SCD Samieira e Armadiña de Combarro, o vindeiro sábado, dia 3 de agosto, a partires das 22 horas, terá lugar no peirao de Raxó a representación teatral titulada “Algo pasa con Paco”, a cargo do grupo Porta Aberta Teatro.

Paco Checo, protagonista, é un cabaleiro que posue un grande valor e cando as forzas do mal raptan á princesa do pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño da aventura e o misterio. A representación promete maxia, enredo e entortos que se irán sucedendo nunha trepidante e curiosa historia na que Paco aprenderá que a vida non so é blanca ou moura, senón que está chea de cores.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.