A Cultural a prol da peonalización

Os bombeiros de Sanxenxo quedaron atrancados no Paseo Ramón Encinas o pasado 22 de xullo. Fotografía cedida xentilmente por José Mª Araujo

Ante a artificial polémica suscitada por mor da peonalización da rúa Ramón Encinas, a SCD Raxó quere  manifestar o seguinte:

Que a peonalización de dita rúa é unha necesidade perentoria para garantír unha seguridade vial moi deteriorada nos últimos tempos por mor da drástica redución do espazo público destinado, orixinariamente, a tráfico rodado e agora ocupado polas terrazas dos bares existentes na zona.

Dende a Sociedade Cultural Deportiva non nos opoñemos á concesión de autorizacións de uso das terrazas en espazo público, sempre que tal medida vaia acompañada doutras complementarias que permitan seguír mantendo a seguridade e integridade de todos os usuarios do paseo.

Nesta entidade estamos convencidos que todas as medidas, terrazas en solo público e peonalización, son inevitablemente complementarias e imposibles de implementar por separado sen causar un notable dano aos conciliabeis intereses de todos e todas usuarios da zona. Neste senso cabe lembrar que Ramón Encinas, é ante todo, un paseo; co que debe quedar claro que o que ten que primar son a comodidade e, ante todo, a seguridade dos e das viandantes.

Coidamos que nunha cuestión como esta non deben prevalecer só a opinión e a comodidade dos que, paradoxicamente, resultan únicos beneficiados económicamente, senón que deben terse en conta, e a SCD-Raxó quere por en valor, outros criterios máis razonabeis, táis como a seguridade física de todos/as usuarios/as e viandantes.

Quere esta entidade lembrar o amplo consenso na materia suscitado, non só pola Asociación de Veciños A Laxe e a SCD, senón tamén popo própio Clube Náutico quen, no ámbeto da Plataforma polos Peinaos de Raxó e o Covelo, ten formulado propostas neste senso, mesmamente máis drásticas que a que agora plantexa o Concello.

Un turista “rescata” polo mar aos bombeiros de Sanxenxo para trasladalos a Pampaido, lugar da emerxencia. Fotografía de José Mª Araujo.

Polo que, de non prosperar a proposta municipal de peonalización, o Concello de Poio, como único responsábel da seguridade de todos/as os/as viciños e usuarios de Raxó e das súas praias, deberá revisar a súa política de cesión gratuita do espacio público para lucro privado, como única saída para evitar o crecente risco de accidentes na zona.

En todo caso, a Alcaldía, non pode, escudandose nunha hipotetica “falla de consenso”, eludír a súa insoslaiable responsabilidade en materia de seguridade e debe acometer, no exercicio da responsabilidade e autoridade que lle compete, a medida de peonalización completa, tal e como foi anunciada. Cuestión para a cal conta de antemán co consenso da inmensa maioría dos/as veciños/as e turistas de Raxó.

,,

Comments

  • Precisamente fuí yo la que llamó a la Guardia Civill y mandaron el Helicóptero y una lancha de la G.C. del Mar.
    Tomás, un veraneante de aqui de hace muchos años, llevó a los bomberos a Pampaidos.
    Estoy de acuerdo en que debe primar la seguridad de los peatones por encima de los intereses particulares, y de los vecinos de esta calle, que nos vemos privados de nuestros derechos de garages, pagados religiosamente, para poder salir con nuestros casas, como me ha pasado a mi hoy que tenía que ir a un Hospital.
    Esdpero que el Ayuntamiento tome buena nota

Deixa una resposta a Mª Pilar Lossada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.