Reserva de Pista

Normativa

  • As reservas estarán activas durante todo o ano e serán dunha hora e media (1h e 30 min).
  • Só podes ter unha reserva activa no mesmo día.
  • Cando fagas a túa reserva, indica o teu nome completo, o nome completo das persoas coas que vas xogar e o teu enderezo electrónico. As persoas que vaian empregar a pista deben levar o seu DNI para que se poida verificar os datos da reserva. Recibirás no teu email unha mensaxe de confirmación que será a garantía da reserva.
  • Non se permite que dúas ou máis persoas que xoguen entre si, collan dúas franxas no mesmo día. É moi importante ser respectuosos con dita norma para que todos e todas podades gozar do uso das pistas. É dicir, unha mesma persoa só pode usar a pista 1h e media por día (salvo que non haxa reservas). 
  • Podes reservar unha das pistas cunha semana de antelación como máximo.
  • De outubro a abril (ambos incluídos) hai un horario bloqueado para a liga de tenis de inverno. De luns a venres ese horario será de 19.30 a 00.00 e os sábados e domingos de 10.00 a 14.00. Podes facer unha reserva, pero se alguén da liga solita xogar, se che enviará unha mensaxe (con tempo) indicando que a reserva queda anulada.
  • De maio a setembro (ambos incluídos) o horario bloqueado é de 20.00 a 00.00 durante a semana e de 10.00 a 14.00 a fin de semana (liga de verán).
  • O primeiro en facer a reserva de pista na aplicación elixirá cal quere empregar das dúas (cando coincidan dúas reservas no mesmo horario).
  • Para anular unha reserva, responde ao email de confirmación e indica que queres facer unha anulación.
  • Non está permitido facer unha reserva para outra actividade que non sexa a práctica do tenis.

Fai a túa reserva aquí

Pistas de tenis do Monte Baldío