Comunica+GZ

xornadas estibais 2007 Sociedade cultural Deportiva Raxo COMUNICA+GZ
Xornadas 2007 Comunica+GZ

Un ano máis terán lugar en Raxó as xa clásicas Xornadas estibais da lingua e Cultura Galega, desta vez adicadas á comunicación en clave galega. Baixo o título xenérico “COMUNICA+GZ” e durante tres días consecutivos, diversos persoeiros e profesionais da comunicación reflexionarán a cerca da necesidade de contarmos con medios propios que dean coa realidade do noso país, así como do seu encaixe na sociedade da información.

Tamén trataranse outros aspectos colaterais, como a relación do sindicalismo coa comunicación e maís da funcion crítica do humor gráfico na prensa. Conxuntamente aos coloquios proxectaránse diversos materiais relacionados con cada tema tratado. A partir das 20:00 horas na Confraría de Pescadores de Raxó.

O Programa será o seguinte:

Martes 21 de agosto.

  • Tareixa Navaza, Os inicios da TV pública en galego.
  • Luís Álvarez Pousa, TEIMA: comunicar na creba do franquismo.
  • Bieito Alonso, 100 anos da Nosa Terra.

Mércores 22 de agosto.

  • Xosé Emilio Vicente Caneda, Enmenda á globalidade.
  • Ramón Vilar Landeira, Vieiros: Galiza na web.

Xoves 23 de agosto.

  • Xosé Lois González “O Carrabouxo”, Función crítica do humor gráfico.
  • Manuel Mera, Comunicación.

A inscripción é de valde e pode facerse no local da S.C.D. Raxó (Confraría de Pescadores) ou no correo comunicagz@gmail.com

,,,

Comments

Deixa una resposta a Pechan Chuza! e Vieiros | www.raxocultural.org Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.