Comunica+GZ
Un ano máis terán lugar en Raxó as xa clásicas Xornadas estibais da lingua e Cultura Galega, desta vez adicadas á comunicación en clave galega. Baixo o título xenérico “COMUNICA+GZ” e durante tres días consecutivos, diversos persoeiros e profesionais da comunicación reflexionarán a cerca da necesidade de contarmos con medios propios que dean coa realidade do noso país, así como do seu encaixe na sociedade da información.
Tamén trataranse outros aspectos colaterais, como a relación do sindicalismo coa comunicación e maís da funcion crítica do humor gráfico na prensa. Conxuntamente aos coloquios proxectaránse diversos materiais relacionados con cada tema tratado. A partir das 20:00 horas na Confraría de Pescadores de Raxó.
O Programa será o seguinte:
Martes 21 de agosto.
- Tareixa Navaza, Os inicios da TV pública en galego.
- Luís Álvarez Pousa, TEIMA: comunicar na creba do franquismo.
- Bieito Alonso, 100 anos da Nosa Terra.
Mércores 22 de agosto.
- Xosé Emilio Vicente Caneda, Enmenda á globalidade.
- Ramón Vilar Landeira, Vieiros: Galiza na web.
Xoves 23 de agosto.
- Xosé Lois González “O Carrabouxo”, Función crítica do humor gráfico.
- Manuel Mera, Comunicación.
A inscripción é de valde e pode facerse no local da S.C.D. Raxó (Confraría de Pescadores) ou no correo comunicagz@gmail.com
Comments
[…] a perda desta cabeceira, que durante a época do bipartito viviu o seu maior pulo. Nas últimas Xornadas Estivais organizadas dende esta asociación, aló polo ano 2007, adicadas á comunicación puidemos contar […]