Samaín, festa tradicional da Galiza
Se falásemos de festas do outono moitos pensarían no Halloween, posiblemente influenciados pola cultura norte-americana, polos tantos filmes que repoñen ano tras ano é normal que se fixe na nosa memoria. O halloween, é nos EUA unha festa con grande arraigo onde os mozos e mozas adícanse a disfrazarse para ir buscar doces as casas dos veciños (ou iso nos ensinan as películas de Hollywood).
O que quizais moita xente non saiba é que na nosa terra ata non fai moito tempo celebrabamos unha festa similar que ten a mesma orixe, falo do Samaín.
O Samaín é unha festa de orixe celta na que se celebraba a fin das colleitas e o cambio de ano: marchaba o verán e chegaba o inverno, unha data especial tamén para os mortos pois estes podían esta noite, e segundo a tradición, “camiñar entre os vivos”. Podían facer as ánimas nesta data tan sinalada do calendario celta, unha visita aos que deixaran atrás.
Dende a SCD Raxó non podiamos pasar por alto esta festividade, por iso celebraremos o Samaín este vindeiro Sábado 29 de Outubro co Magosto Popular de tódolos anos ao que están convidados todos os que desexen participar.
Coma tódolos anos dende as 20,00h para os mozos, e menos mozos tamén se queren, contaremos con xogos tradicionais e concurso de caveiras.
A partires das 21,00h comezará a festa con castañas asadas, viño e musica ata, polo menos, media noite. Recorda que para que a noite saia perfecta precisamos a túa colaboración, se todos participamos e colaboramos un pouco a festa será completa.
Agardamos que veñades desfrutar da noite do Samaín.
info: http://gl.wikipedia.org/wiki/Samain imaxe: galipedia
Leave a comment