Concerto de Percusión e Danza Africana

 
 
Grupo de percusión A Caixa de Tambora

O vindeiro sábado,25 de febreiro, organizado pola SCD Raxó en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Poio, celebrarase ás 21 horas no Centro Cultural Xaime Illa, un concerto de percusión africana a cargo do grupo Caixa de Tambora, de Santiago de Compostela.
Este grupo nasce no 2009, sufre diversas variacións na súa composición e, actualmete, está fprmado por seis persoas.
Participou, dende entón, en diversas actividades tocando en moitas festas e festivais, como a Festa da Primavera do barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, Festival de Batebatuke, Festival de Digeridoos de Queiruga e colaborando con diversos centros socio-culturais.
A formación de A CAixa de Tambora é contínua e parte dende encontros en festivais de percusión africana impartidos polos mestres Mamady Keita e Baba Toure. Tamén recibe outras formacións musicais con mestres como Cra Rosas, o colectivo lle Aye, Lucas Fixel ou Ramiro Gonzalo.
Membros do grupo imparten actualmente talleres de percusión en Santiago de Compostela para poder achegar á xente de todas as idades o ritmo e amúsica o Continente Africano.

O seu repertorio musical está baseado na música da etnia malinké ou mandinga, que podemos atopar nalgúns países da zona ocidental de África (Guinea, costa de marfil, Malí, Burkina Faso…) Desta maneira, estes mozos e mozas reproducen ritmos tradicionais como o Kuku, Djolé, Abondan, etc, cos seus cantos, melodías e danzas, cos que pretenden dar a coñecer en Galiza, unha pequena parte da cultura musical africana que nos traslada a un mundo tribal, e nos permite conectar co noso ser máis primitivo.O concerto, conta tamén, coa participación de bailarinas de Pontevedra e Vigo, alumnas de Cristina Malvárez (Escola Mesturas Danza), quen contempla a danza africana como unha modalidade moi interesante, xa que, ademáis de divertida, aporta grandes beneficios, tanto físicos como mentais, para quen a practica. Danzarán xunto a algúns compoñentes do grupo Caixa de Tambora, aumentando cos seus movementos a enerxia e a vistosidade do espectáculo.

Se o tempo acompaña, o ensaio previo ao concerto, realizaráse nos exteriores do centro Cultural de Raxó o mesmo sábado pola mañán, e formará parte dunha reportaxe que está a realizar unha productora de Vigo sobre diferentes actividades artísticas que se desenvolven en Galiza.

 Grupo de danza Mesturas Danza

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.