A SCD ante a execución das obras da PO 308 en Raxó.
Ante a stiuación referente a execución das obras que, por parte da Xunta de Galicia, estanse rematando entre Raxó e o Covelo (Samieira). A SCD Raxó, que asume integramente no seu contido a manifestada no día de onte, a traverso dunha nota de prensa, postura do Concello de Poio, extemporánea ao noso mode de ver.
Queremos facer fincapé nun asunto que, pese a súa vital importancia e a ser posto previamente en coñecimento do Concello de Poio, foi, inexpricabremente, omitido na devandita nota de prensa.
Referímonos ao novo vial que, dende a recén creada rotonda de Rabo de Porco, conecta coa rúa da Igrexa á altura da Casa do Mar e ao pe do Consultorio médico e que, pese a ser executado non sen polémica no seu día, debido ao seu alto impacto ambiental, económico e visual, constátase agora, tal e como xa anunciabamos no seu momento, que non ven a satisfacer, mínimamente, as expectativas e necesidades artificialmente xeradas pola Xunta de Galicia cunha obra non prevista no PXOUM e que entorpece, ademáis, as posibilidades futuras dunha conexión racional da Rúa Leopoldo Nóvoa coa PO 308.
Por se todo o antedito fora pouco, resulta que agora se detectan anomalías de bulto no vial, tais como a imposibilidade de aceso aos peóns pola inexisténcia, non so de beirarrúas, senón, mesmamente de arcéns, debido ao carácter excesivamente estreito da súa traza que, contando con dous carrís limitados polo escaso espazo, tampouco permiten unha cómoda circulación rodada, sobre todo cando confluen, en sentido contrario, dous veículos de dimensións superiores, o que o converten nun punto conflictivo, máxime tendo en conta que, tamén por parte da Xunta, se procedeu a pechar mediante un muro, á salida que a rúa da Igrexa tiña coa PO 308.
Ante tal situación, A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, esixe que se fagan as obras correctoras e se adopten as medidas tendentes a dotar dito vial das melloras precisas que permitan, en condicións de absoluta seguridade e comodidade, a necesaria circulación de peóns e veículos en todo o seu percorrido.
Ao tempo, encarecemos ao Concello de Poio para que, póndose do lado dos afectados, asuma, sen ambigüedades, as xustas reivindicacións veciñais.
Raxó, a 29 de abril de 2020
Leave a comment