Arqueoloxía, Antropoloxía e patrimonio Monumental en Poio
O vindeiro venres, día 29 de setembro, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó a inauguración da exposición Arqueoloxía, Antopolóxía e Patrimonio Monumental en Poio.
A exposición está organizada conxuntamente polo Concello de Poio e a Sociedade Cultural Deportiva Raxó, e está baseada na recopilación do material obtido nas excavacións realizadas no noso Concello na década 1980-1990 polo grupo arqueolóxico García Alén, vinculado ao Museo de Pontevedra.
En dito periodo levouse a cabo en Poio unha experiencia, pioneira en Galicia, de Arqueoloxía na Escola. No transcurso do mesmo, escolares de EXB do Colexio de Lourido, baixo a dirección de arqueólogos do Grupo, participaron nas excavacións da Mámoa do Monte de Mon e da necrópole medieval de San Martiño.
Transcurridos máis de 30 anos desta novidosa experiencia, a SCD Raxó e o Concello de Poio, consideran do máximo interese para o público en xeral e os escolares en particular, a difusión e coñecimento desta xeira por medio da montaxe desta exposición conmemorativa.
A exposición, que consta de tres bloques, fai un percorrido pola nosa historia dende os inicios, comenzando pola Arqueoloxía, a Idade Media, a compilación do patrimonio inmaterial, o patrimonio relixioso, etc.
Ademáis da exposición propiamente dita, o traballo que aquí se oferece, consta ademáis de audiovisuais, visitas didácticas guiadas, publicacións e material de consulta.
O proxecto foi ideado por Buenaventura Aparicio Casado e os textos e fotos son do mesmo autor e de Antonio de la Peña Santos.
Leave a comment