Mª Angeles Agís, a poesía de Raxó que froleceu na emigración
María de los ángeles (1964-2001) naceu un 17 de Decembro na cidade de Rafael Calzada, Bos Aires, Arxentina. Filla de Xosé Agís Iglesias, de Raxó, e de Carmen Agís Barreiro, tamén de Raxó. Foi elexida para participar en numerosas antoloxías como Breve muestra de poesía del Río de la Plata, selección 2; Entresiglos, selección de poesía de autores latinoamericanos; Agua en el 3er Milenio, antoloxía temática e Letras de Babel, antoloxía multiligüe. Foi directora de prensa do Centro de Estudiantes na Escuela Nacional de Comercio Adrogué(Bs. As.) e redactora dunha revista literaria e participou no taller literario da Biblioteca Autónoma de Periodismo de Lomas de Zamora entre 1984 e 1986. Nomeada “primeiro hóspede de honra” da casa da cultura de “José Hernández” de Bos Aires no ano 2002. Nai de dous fillos, María deixou preparado seu libro Mar Adentro, quizáis adiviñando que non o vería publicado.
Sumerxirse en alta mar, empaparse mar adentro.
Falar de un mesmo é difícil, e hai veces, que falar de persoas que son e están dentro de ti mesmo, é aínda máis complicado.
Podría decir que coñecín a miña nai, como nai, moi pouco. Porén, puiden coñecer a María de los Ángeles de forma plétora, dende o sangue e o corpo das súas ideas. Contempleina xa con madurez, dende a distancia da ausencia, pero puiden desfacer e desentramar a María como muller, filla, esposa e amiga a través da súa poesía, dos seus amores e odios expresados en cada caligrafía súa.
Como crece la ola que empuja el viento
Así me creces dentro
Cuando mi amor empuja.
Aprendín a querer a Galicia, a Raxó, súas augas e as súas areas a través daqueles húmedos versos. Mamei dende o ventre o sal de Pontevedra, seus sabores, seus olores, e os seus sons. Na casa sempre se cantaba algunha copla ou algunha muiñeira que a miña aboa seguía cos seus brazos e pernas en movimento mentras meu abó estrañaba un bo albariño. Esa é a imaxen máis patente da cultura galega que me quedou nas retinas. Escoitar á miña aboa decíndome fillíña, e pasar algún Domingo con bacallao na mesa. Cinco rías baixas, o monte, e un pobo cun porto que seguiu a memoria dos meus abos e que trasmitiron ás súas fillas ata convertilas en auténticas galegas.
Años inmemoriales de una infancia remota.
Días de juventud llenos de risa y canto.
Gestos, palabras, vida…
Horas y horas de estar quietamente a tu lado
vuelven como las olas, vez tras vez a mi orilla.
Esa era María, unha arxentina enfrascada en esencia de gaita. Adoitaba buscar o mar e os portos para inspirar ás súas escrituras, ou simplemente perdíase mar adentro, quizáis para rematar de curtir algunha ferida.
Mar adentro
Me despojo de ropa y de equipaje
y de los tres o cuatro disfraces con que actúo
y en piel desnuda y herida abierta
me sumerjo y me hundo
hasta mi fondo de arena inexplorado.
Ou quizáis porque o seu pai era mariñeiro, e súa nai teceu redes de pesca dende moi cativa. Os barcos varados e oxidados resultábanlle dalgunha maneira unha fonte de creación. Ler a súa poesía é ás veces empaparse de mar, de intimidade. E é o mesmo tempo, comprender a finitude da existencia cunha sorte de sinceridade, picardía e elegancia.
Las palabras son dioses y demonios
Que me habitan.
Coexisten en mi mente.
Escribir es un ritual periódico
que me libera de sus posesiones.
El exorcismo, a veces,
tiene forma de poema.
Algúns cren, ó ler a súa poesía, que María gardaba unha especie de poder adiviñatorio acerca do seu final prematuro, e de feito, así o expresa o editor no prólogo o seu libro. Eu creo que María estaba nas últimas da súa vida, e que a súa corporeidade estaba xa aburrida da vida terreal.
Algunas veces
Las palabras me emborrachan.
La dopamina tibia inunda
una a una mis neuronas resecas.
La vida estalla
como un nuevo big bang en mi cerebro.
Un orgasmo oculto se agudiza
Creciendo desde el centro de la idea.
.
Dun modo ou doutro, non podemos negar ó lela que presentía a través dalgunha vía que os seus días eran cortos, e quizáis por iso viviu con tanta intensidade, como se soe decir dos rockeiros. Por eso creo, que a súa maneira, María foi una poeta das heavies, á que lle gustaba o bo whiskey, Serrat, e as boas compañas con quen entoar alguns tangos. Unha de esas poetas que sempre se saben tolas e ás que amas, ou odias. Das que lles falou cun realismo ás veces bukowskiano os seus fillos. Das que esixía ó seu esposo que se volvera a casar tras a súa morte. Unha namorada de Rosalía de Catsro que rompeu tabús coa poesía, e que entrañaba un sentido do humor peculiar; ás veces negro, ás veces tonto, pero que non te deixaba con risas a medias, senón que completaba con verdades ou mentiras ata facerte sentir satisfeito.
Tal vez nadie ha logrado ser valiente.
Siempre hay quienes consiguen
Disimular bien su cobardía.
Dentro de la mísera alma humana
no hay espacio para lo noble en demasía.
Una verdad muy grande hizo una vez
Que comenzara a gustarme la mentira.
E non só a terra lle era allea, senón que a “mísera alma humana” causáballe ás veces repulsión. Sentiuse como un zombi haitián vagando entre desconocidos, como entoa a súa poesía.
A veces soy
Un zombi haitiano caminando entre tumbas
esperando que alguien que me ama
pueda reconocerme
y volverme
nuevamente al mundo de los vivos.
Prometeu volver o terceiro día, para levarse os recordos e deixarnos o olvido; conmigo non o fixo,senón que me deixou seu tenro perfume queimado a lume nas fosas. É un desos olores que só poden evocarte a realidades pasadas, e que seguro, todos teñen un gardado. Ofrecéunos, cansada da putrefacta terra, realidades que pesan, molestan e perturban, como a morte, o suicidio, a mentira e as maldades que nos caracterizan a todos, pero que políticamente correximos e gardamos no fondo da sen.
Al tercer día después de haberme ido
regresaré hasta ti
desde los laberintos de tus desmemorias.
Me beberé
la última gota de tu llanto mío.
Y nos despediremos para siempre.
Yo veré de llevarme los recuerdos
y dejarte el olvido
que será sólo un beso que tallaré en tu frente.
Ler a María é para mín continuar criándome,continuar mamando a súa leite e seguir convertíndome en muller a través das súas palabras. Para outros será una poetisa máis; outra muller que soubo materializar nun papel o arte de desnudarse e desnudarnos. Unha poetisa simpática que sempre se creu galega, que se transgrediu a sí mesma vivindo na contradicción de ser una va mortal, e de sentirse máis alá da existencia co seu poder de abstracción e que aprendeu a facer o amor co mundo, co seu deus, e coa morte.
Agora, cando una mariposa aparece,algún só a contemplamos ata que se vai, sabendo que garda en esencia o espíriu dunha poetisa atravesada polas areas e o mar de Raxó. Así, María de los ángeles, pasou de ser De los ángeles, María.
Elisa Alegre Agís.
Tarragona, 2015
Leave a comment