O muro de contención do vial de aceso ao Porto de Raxó, un perigo para a integridade.
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, ante o lamentable estado do muro de contención do vial de aceso ao porto de Raxó, quere puntualizar o seguinte:
Que tal situacións é provocada única e exclusivamente pola fobia política que o responsable de Portos de Galicia, Sr J.J. Durán ven manifestando contra toda alternativa que non sexa a súa própia, e non por ningunha outra motivación, nin técnica nin económica.
Cabe lembrar que na última reunión celebrada entre a Comisión Veciñal e os resposabeis de Portos, coa presenza dun técnico de Augas de Galicia, o que se plantexaba era as características do tubo de impulsión que, en previsión dunha posible reubicación da EDAR prevista en Pampaido, habería que instalar a maiores nas obras de acondicionamento do vial, estando disposto o Concello de Poio a asumír o seu sobrecuste.
Mesmamente, nun encontro casual posterior, a finais de xuño de 2017, o Sr Durán garantízalle ao representante desta Sociedade que “en quince días” estaría o asunto resolto.
A dureza dos últimos temporais deterioraron enormemente o estado da infraestructura ate o punto de por en risco a integridade de transeúntes ou turismos en caso de desplome ou socavón. O que sorprende tamén deste asunto é que o representante da oposición no Concello, Sr Moldes, tan sensible noutros temas, non se teña decatado aínda dun risco inminente localizado nas portas do seu domicílio.
Por todo elo, ironías aparte, solicitamos do Concello de Poio que proceda a sinalización e valado da zona de risco e, aos demáis actores sociais e políticos que integran, xuntamente con nós, a Comisión Veciñal dos Portos de Raxó e O Covelo, se sumen, sen ambigüedades á reivindicación, que xa leva trazos de converterse en histórica, da execución sen máis demora das obras de millora acordadas entre as dúas administracións, local e autonómica, e que acumulan case unha década de lamentable retraso e imcumplimento.
Raxó, a 12 de abril de 2018
Leave a comment