SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS
Como todos os anos, a SCD Raxó xunto co Concello de Poio, organizan conxuntamente a conmemoración do Día das Letras Galegas que, nesta ocasión, conta cun programa de actos máis amplo e, tamén, coa colaboración da Deputación Provincial.
A programación da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS comeza o vindeiro día 12 de maio coa posta en escea da obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” de María Victoria Moreno, escritora a Quen a Academia Galega adica o día das Letras, a cargo da compañia MATRIOSHKA TEATRO.
DO 14 AO 18 DE MAIO / 16:30-19:30 horas / SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Biblioteca Pública Municipal
Punto de interese sobre a obra de María Victoria Moreno
15 DE MAIO / 17:30 horas / CONTACONTOS
Biblioteca Pública Municipal
“Os contos da festa no faiado: Homenaxe a Mª Victoria Moreno”
Programa LER CONTA MOITO
17 DE MAIO / 11:00 horas / DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Peirao de Raxó
Carreira Popular pola Língua (inscricións dende ás 10:30 h.)
17 DE MAIO / 17,30 horas / DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Centro Cultural Xaime Illa Couto
Conferéncia: Rafael Quintía “O mundo da mitoloxía na literatura oral galega”
Entrega de premios aos gañadores da XXVI Edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
Musica en directo de TINO BAZ (cantor e poeta)
19 DE MAIO / 21:OO horas / Teatro
Centro Cultural Xaime Illa Couto
“Chumbalagatas” da AULA MUNICIPAL DE TEATRO DE PONTEVEDRA
Maria Victória Moreno Márquez (Valéncia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005) é a homenaxeada neste ano pola Academia Galega. Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, chegou a Galiza en 1963, con só 22 aanos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma que enriqueceu co seu compromiso e coa súa obra narrativa infantil e xuvenil, como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.
Leave a comment