XIV Xornadas Estivais: A crise a debate

A crise a debate, xiv xornadas estivais SCD Raxó
Cartel das xiv Xornadas Estivais

A crise, un dos temas máis recorrentes dos últimos tempos será analizada de forma profunda e obxectiva durante as XIV Xornadas Estivais organizadas pola S.C.D. Raxó para este verán 2010.

Estas XIV serán unhas xornadas especiais posto que servirán de inauguración do Centro Cultural “Xaime Illa Couto”, reivindicación histórica da Cultural, acto que se celebrará o día 23 de Agosto as 20:30.

O programa é o seguinte:

Día 24,

  • Ramón Regueira Varela – Filósofo
  • “A crise das ideoloxías”
  • Pilar Allegue Aguete – Profesora de Filosofía do dereito UVigo
  • “Crise, dereitos e globalizacións”

Día 25,

  • Antón Xil Alcantara – Xornalista
  • “Crise e comunicación”
  • Rafa Vilar –  Escritor
  • “Crise política. Unha ollada dende Galiza”

Día 26,

  • Herminio Barreiro Rodríguez – Profesor CC da Educación da USC
  • “Crise e educación”
  • Antolín Alcantara Alvarez – Sindicalista
  • “Crise e traballo, unha perspectiva de clase”

As inscricións poderanse facer ben: mediante do correo electrónico info@raxocultural.org , inscrición no local da S.C.D. Raxó sito na Confraría de Pescadores San Gregorio ou ben engadindo unha resposta a este artigo.

,,,

Comments

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *