Carreira Popular Letras Galegas 2012

Carreira popular Letras Galegas 2012O vindeiro 17 de maio organizaremos, como ven sendo habitual, a Carreira Popular polo día das Letras Galegas 2012, haberá categorías para tódalas idades, se queres participar as inscricións serán no Peirao de Raxó a partires das 10,30 horas ata o comezo das carreiras as 11,00 horas, prégase puntualidade.

Se desexas participar na organización do evento, non tes máis que dicilo o mesmo día, agradecese toda colaboración.

Recordar ademais, que o mesmo día, pola tarde as 17,30 horas realizarase o acto de entraga de premios da Vixesima edición do Concurso Literario Xaime Isla Couto cunha homenaxe a este polo seu recente pasamento, así coma a tradicional conferencia do día das letras este ano adicado a Valentín Paz-Andrade.

,,,

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *