Comunicado da SCD Raxó ante o accidente de tráfico acontecido o venres, día 22 de setembro de 20017

Mobilización en Raxó pola seguridade vial na PO 308. Ano 2011

A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, ante o grave accidente acontecido o pasado venres, día 22 de setembro, na nosa Parroquia, quere manifestar o seguinte:

Ante todo, e en primeiro lugar, a nosa solidariedade coas víctimas dun sinistro que pudo ser evitado de  terse  tomadas en conta as advertencias e demandas que, dende distintos ángulos e dende fai moitos anos, se veñen formulando reiteradamente desde o Concello de Poio, colectivos sociais, etc. e sistemáticamente ignoradas pola Xunta de Galicia, administración responsable da titularidade da PO 308.

A PO 308 ao seu paso por Poio configura un contínuo urbano que carece da dotación de medios de seguridade vial precisos para unha estrada que soporta máis de 20.000 veículos diarios nun Concello con núcleos de moita densidade de población, o que se traduce nun elevado índice de sinistralidade.

Estamos, pois, ante un problema de primeira magnitude cuxa resolución, como en todo que atañe ao Concello de Poio, a Administración Autonómica vai postergando sen asumir; prometendo sempre, no mellor dos casos, solucións insuficientes e a tan longo prazo que, á postre, resultan imcumpridas. Débe terse en conta que, sobre a 308 hai elaborados, nada menos, que 7 proxectos sen que, de momento, chegara ningún.a executarse.

A senda peonil e ciclista, última fórmula xestada pola Xunta, é, a todas luces, insuficiente para resolver tan grave problema. É preciso un proxecto integral de seguridade viaria, que abarque todos os aspectos relacionados coa seguridade peonil e rodada: beiraruas, pasos de cebra, velocidade, interseccións, rotondas, etc.

Algún colectivo centra as súas reivindicacións so en aceras ou pasos de cebra, cando estes últimos, se non van dotados  de medidas complementarias, poden transformarse en auténticas trampas mortais ao adolecer de mala ubicación en moitos casos, deficiente sinalización e escasa ou nula iluminación nocturna.

Non se pode falar, tampouco, de seguridade viaria sen acometer medidas de calmado de tráfico e, sen asumír tampouco, as súas posíbeis consecuencias: previsibeis retencións nos núcleos máis urbanos, sobre todo en época estival, que so se poderán eliminar coa construción dun novo vial alternativo.

Por eso é preciso facer fincapé nun Proxecto Integral para a estrada, sen contribuir a desenfocar a necesidade dunha solución definitiva ao problema, sinalando e esixindo aos os verdadeiros responsabeis de ofrecela: a Xunta de Galicia.

Mentras tanto, centrados na Parroquia de Raxó, é urxente a urbanización de todo o vial, dende A Granxa a Fonte Maior, cunha actuación nas interseccións e curces. Non hai, na nosa Parroquia, un so cruce que non resulte perigoso. Non se pode asumír, que a día de hoxe, un núcleo de poboación importante como a zona de Caneliñas teña un acceso tan lamentable como o situado nas inmediacións da gasolineira . Ou o cruce do Porto, ubicado en plena curva, o da Igrexa, o do Camiño da Costaneira…

É preciso tamén unha rotonda que, ademáis de contribuir ao calmado, de saída ao tráfico da rúa Leopoldo Nóvoa á PO 308.

Mentras tanto, seguiremos agardando, sen saber cantos mortos máis fan falta para sensiblizar aos responsabeis da urxencia de tales actuacións.

 

 

 

 

 

 

 

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *