Curso de encadernación clásica artesanal

Traballos de encadernación realizados no obradoiro
Traballos de encadernación realizados no obradoiro

A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, en colaboración coa Concellería de Cultura, está a organizar un curso de encadernación  clásica artesanal. Dito curso, que se celebrará a partires do 6 setembro no Centro Cultural Xaime Illa Couto, terá unha duración de tres meses.

Este taller está deseñado co obxectivo de fomentar un antigo oficio, en desaparición debido ás novas tecnoloxías, e introducír aos usuarios, mediante demostracións e prácticas dirixidas, nas técnicas clásica e artística dos módulos, co obxectivo de incentivar as capacidades persoais do usuario.

O contido do curso consiste no manexo do taller e medidas de seguridade necesarias, a demostración e a práctica na procución de libro-arte por intermedio das técnicas de encadernación clásicas.

Módulos Teórico-Prácticos:

1.- Útiles, ferramentas e manexo das mesmas.1797556_1390056074600342_901576100_n

2.- Coñecemento das partes dun libro.

3.- Cosido.

4.- Tipos de Encadernación.

5.- Técnicas de traballo en papel.

6.- Tratamento e realización de cubertas e tapas.

7.- Restauración de libros clásicos.

A duración deste taller de Encadernación Clásica, estipúlase nun trimestre un día a semana, en horario de mañán cada sábado e o prezo por alumno/a, material incluído, será de 25 euros/mes para os socios da SCD Raxó, e d e 30 euros/mes para o resto.

Inscrición prévia na biblioteca da SCD Raxó, onde hai unha exposición de traballos realizados por outros alumnos deste mesmo curso, de luns a sábado, de 11:00 a 13:30 horas.

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *