Curso de Informatica

A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, organiza un curso de Informatica de Usuario, niveis básico e intermedio.

Dito curso, que será totalmente gratuito, está previsto para o vindeiro mes de xaneiro e desenvolverase no Centro Cultural Xaime Illa Couto.

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición na Biblioteca da SCD Raxó de 16,30 a 19,30 horas,en días laborais -excepto os mércores- e de 11,00 a 13,00 horas, os sábados.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *