Encontro Deporte e Mar

Deporte e tradición danse cita en Raxó os vindeiros 15,16 e 17 de xullo
Deporte e tradición danse cita en Raxó os vindeiros 15,16 e 17 de xullo

Na fin de semana do 15 ao 17 de xullo, celebrarase en Raxó o Encontro Deporte e Mar, organizado conxuntamente polo Raxó Clube de Fútbol,  A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, o Concello de Poio, os hosteleiros da parroquia e a Deputación Provincial.

Desenrolaránse actividades deportivas, como torneos de futbol, de brilet e, como novidade e principal reclamo rescatamos unha vella e longa competición tradicional no noso porto, o remo, que, deste xeito retorna novamente as nosas augas da man do Clube de Remo Mecos do Grove.

O torneo de fútbol terá lugar o venres día 15 en semifinais. O sábado 16, haberá torneo de brilet e a final infantil de fútbol, para, pola noite celebrar a cea coa que o Raxó C.F. agasalla a todos os seus socios e que terá como colofón as actuacións musicais do dúo Azabache e unha charanga popular no peirao.

O día 17 terá lugar a gran atracción deste ano, a competición de bateis proseguida da entrega de premios. Para participar nas actividades compre inscribirse previamente en calquera dos estabelecementos e entidades organizadoras.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *