Nataxa Retrankoky – PoioEscena

teatro-raxo-portada

O vindeiro venres 22 de febreiro as 21,00 horas convidamosvos á segunda obra do ciclo de teatro PoioEscena que se representará no Centro Cultural Xaime Illa, trátase de Nataxa Retrankosky da compañía Orquideas Pantasma:

A compañía de teatro de nova creación Orquídeas Pantasma presenta o seu novo espéctaculo: Nataxa Retrankosky.

Un estrépidante e divertido recorrido polas emocións máis profúndas e rídiculas  dos soños e creencias dos  seres humáns.

Nataxa Retrankoky

teatro-raxo-natashaA pantasma de Nataxa Retrancosqui, a única amante de Lenin. É un personaxe bipolar que vive anclada no recordo do seu gran amor. Isto fai sentirlle importante e segura, moi diva. Pero cando recorda todo o que lle sucedeu: sufreu unha extraña enfermidade…”ver o futuro”. Esta loucura  obrigouna a abandonar todo, ata o máis preciado, a súa filla con Lenin: Nataxa.

Nataxa cerdeira

teatro-raxoNataxa cerdeira vive para cumplir o seu soño, ir a Rusia. A ilusión invadea e realiza unha gala para recolectar cartos e material para empreder a súa viaxe.  Sabe que os soños se poden cumplir. Entre sorisos , bailes e lágrimas pasa amenizando a gala. Revela o seu segredo máis preciado: quere ir a Rusia para coñercer  a súa tataraboa.

As entradas están a venda na Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa, a libraría Ardora: socios Raxó e Armadiña 0,5€ (1€ en taquilla), Público Xeral: 1,5€ (3€ en taquilla).

Agardamosvos!!

 

,

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *