Arranca a 1ª edición de Chalana Raxó

Actuación das Cantareiras da Escola de Música Tradicional
Actuación das Cantareiras da Escola de Música Tradicional

Ás 21 horas do venres 28 de xuño, tivo lugar a inauguración da 1ª Edición de Chalana Raxó, evento en cuxa organización e desonrolo participa tamén a Sociedade Cultural Deportiva Raxó. A mostra, que está aberta até o vindeiro 7 de xullo, consta de diversas actividades, tais como unha Feira de Artesanía, actuacións folkclóricas, o concurso gastronómico  Pinchos da Terra, no que participan activamente todos os estabelecementos hosteleiros, e a exposición fotográfica organizada pola SCD-Raxó, “Poio en Branco e Negro”.

A Feira de Artesanía podese visitar todos os días de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 23:00. Asemade tamén diariamente, ás 21 horas, ten lugar unha actuación folkclórica a cargo de distintos grupos, destacando entre  vários máis, a Escola de Música Tradicional de Poio, os Berberechiños e Vides Novas, coas suas secións de gaitas, baile e cantareiras. Ademáis dos tres grupos locais sinalados participan tamén: Os Alegres, Lerenses, Maravallada, Pousos de Area, Os Chichisos, Regato de Matamulleres, Sons do Castro, Os Algures, Alborozo, Picuiña e Recordos da Nosa Terra.

A mostra Poio e Branco e Negro organizada pola Cultural, consta de 32 instantáneas, todas do seculo XX, a meirande parte de comenzos do mesmo, e refrexa en imaxes a vida e a paisaxe de Raxó e doutros lugares do Concello de Poio.

Momento da Inauguración
Momento da Inauguración

Todas as actividades, agás a gastronómica, teñen lugar no peirao de Raxó onde, ademáis dos stands onde se desenrola a Feira de Artesanía e a exposición fotográfica, hai ubicado un palco para as actuacións musicais.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.