Curso de Informática de usuario
Ata o vindeiro día 13 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación a informática. Ese mesmo día teremos unha reunión entre as interesadas e interesados en realizar o curso para coñecer as espectativas e o nivel co que contan.
Este curso está pensado para persoas con coñecementos básicos ou nulos para o emprego de sistemas informáticos. En principio está pensado para realizar duas sesións semanais de dúas horas cada unha, é dicir, catro horas semanais durante as que veremos as ferramentas básicas para poder desenvolvernos con soltura na rede, para a elaboración de cartas, escritos, envío de correo electrónico, e comunicación na rede.
Se tes interese en participar, acude o día 13 de novembro as 21,00h no Centro Cultural Xaime Illa.
Leave a comment