Magosto 2010

Onte como ven sendo habitual tódolos anos dende Sociedade Cultural e Deportiva Raxó organizamos o magosto popular: castañas, bo viño, música e o mellor de todo a compaña e bo humor de todos os veciños e veciñas. Para que os que non puidestes asistir morrades de envexa 😉 e para os que queirades ter un recordo da noite, aquí tedes as imaxes. Como podedes comprobar pasámolo moi ben tanto rapaces coma maiores e agardamos que o ano próximo sexa inda mellor.

Se alguén desexa que borremos algunha imaxe na que aparece non ten máis que enviar un correo electrónico a info@raxocultural.org ou avisar persoalmente.

,,,,,

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.