Liga de Tenis Poio 2016
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, en colaboración coas Escolas Deportivas do Concello de Poio, pon en marcha a Liga de Tenis Poio 2016. Esta Liga, que se desenrolará nas pistas do Monte Baldio, constará de dúas categorías en femenino, masculino e mixta, sendo 16 anos a idade mínima establecida. O periodo de inscrición está aberto…
READ MORE
Mª Angeles Agís, a poesía de Raxó que froleceu na emigración
María de los ángeles (1964-2001) naceu un 17 de Decembro na cidade de Rafael Calzada, Bos Aires, Arxentina. Filla de Xosé Agís Iglesias, de Raxó, e de Carmen Agís Barreiro, tamén de Raxó. Foi elexida para participar en numerosas antoloxías como Breve muestra de poesía del Río de la Plata, selección 2; Entresiglos, selección de…
READ MORE
Xantar de Confraternidade
O Vindeiro domingo, día 15 de marzo, celebraremos, un ano máis, a Comida de Confraternidade que consitirá, como é habitual, nun cocido galego. O evento terá lugar no Bar a Fonte de Armenteira, sendo preceptivo inscribirse previamente, antes do vindeiro xoves 12 de marzo, na Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa ou na Librería Ardora
READ MORE
“…e din que chove” de Avelaíña Teatro o 28 de febreiro en Raxó
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, dentro do ciclo “Poio Escena” presenta, para o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a partires das 20:30 horas, no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, a representación da obra “…e din que chove”. Nesta xeira “Avelaíña Teatro” bota man das artes escénicas e artella música, canción e danza, poesía…
READ MORE
O teatro volve a Raxó co PoioEscena 2015
Un ano máis a S.C.D. Raxó colabora coa SCMeD Armadiña, a A.C.D. Samieira e coa Concellería de Cultura do Concello de Poio para por en marcha o ciclo de teatro afeccioado PoioEscena. Desta volta na súa 6 edición os organizadores facemos unha forte aposta polo mantemento dun ciclo regular de presentacións, cabendo este ano a…
READ MORE
XVI Xornadas Estivais: “Ciencia con acento galego”
Este verán en Raxó falarase de ciencia porque en Galicia tamén se fai ciencia e en galego. As tradicionais Xornadas Estivais chegan a súa decimo sexta edición co obxectivo de amosar como a ciencia e a tecnoloxía falan galego e que os galegos temos moito que dicir neste ámbito. Durante os vindeiros 16, 17 e…
READ MORE
Curso de encadernación clásica artesanal
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, en colaboración coa Concellería de Cultura, está a organizar un curso de encadernación clásica artesanal. Dito curso, que se celebrará a partires do 6 setembro no Centro Cultural Xaime Illa Couto, terá unha duración de tres meses. Este taller está deseñado co obxectivo de fomentar un antigo oficio, en desaparición…
READ MORE
“Os suicidas”, o 14 de xuño, nova función teatral no Centro Cultural Xaime Illa De Raxó
Organizada pola SCD Raxó, o sábado 14 de xuño, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, dentro do ciclo Poio Escena, a función teatral titulada Os suicidas. Os suicidas é a proposta da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra para, a través do humor, tentar superar estes malos tempos de crise. Baseada…
READ MORE
Curso de Informática de usuario
Ata o vindeiro día 13 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación a informática. Ese mesmo día teremos unha reunión entre as interesadas e interesados en realizar o curso para coñecer as espectativas e o nivel co que contan. Este curso está pensado para persoas con coñecementos básicos ou…
READ MORE
Magosto Popular
Como xa é habitual, a Sociedade Cultural Deportiva Raxó, organiza o tradicional Magosto Popular na Praza de Caneliñas que este ano terá lugar o vindeiro sábado, día 2 de novembro, a partires das 9 da noite. Previamente, dende as 7 da tarde, para os máis cativos haberá xogos populares e o obradoiro de cabazas. Estas…
READ MORE