Liga de Tenis Poio 2016

A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, en colaboración coas Escolas Deportivas do Concello de Poio, pon en marcha a Liga de Tenis Poio 2016. Esta Liga, que se desenrolará nas pistas do Monte Baldio, constará de dúas categorías  en femenino, masculino e mixta, sendo 16 anos a idade mínima establecida. O periodo de inscrición está aberto…

READ MORE 

Xantar de Confraternidade

O Vindeiro domingo, día 15 de marzo, celebraremos, un ano máis, a Comida de Confraternidade que consitirá, como é habitual, nun cocido galego. O evento terá lugar no Bar a Fonte de Armenteira, sendo preceptivo inscribirse previamente, antes do vindeiro xoves 12 de marzo, na Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa ou na Librería Ardora

READ MORE 

“…e din que chove” de Avelaíña Teatro o 28 de febreiro en Raxó

A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, dentro do ciclo “Poio Escena” presenta, para o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a partires das 20:30 horas,  no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, a representación da obra  “…e din que chove”. Nesta xeira “Avelaíña Teatro” bota man das artes escénicas e artella música, canción e danza, poesía…

READ MORE 

Cartaz do PoioEscena 2015

O teatro volve a Raxó co PoioEscena 2015

Un ano máis a S.C.D. Raxó colabora coa SCMeD Armadiña, a A.C.D. Samieira e coa Concellería de Cultura do Concello de Poio para por en marcha o ciclo de teatro afeccioado PoioEscena. Desta volta na súa 6 edición os organizadores facemos unha forte aposta polo mantemento dun ciclo regular de presentacións, cabendo este ano a…

READ MORE 

Curso de encadernación clásica artesanal

A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, en colaboración coa Concellería de Cultura, está a organizar un curso de encadernación  clásica artesanal. Dito curso, que se celebrará a partires do 6 setembro no Centro Cultural Xaime Illa Couto, terá unha duración de tres meses. Este taller está deseñado co obxectivo de fomentar un antigo oficio, en desaparición…

READ MORE 

Curso de Informática de usuario

Ata o vindeiro día 13 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación a informática. Ese mesmo día teremos unha reunión entre as interesadas e interesados en realizar o curso para coñecer as espectativas e o nivel co que contan. Este curso está pensado para persoas con coñecementos básicos ou…

READ MORE 

caveira do samain

Magosto Popular

Como xa é habitual, a Sociedade Cultural Deportiva Raxó, organiza o tradicional Magosto Popular na Praza de Caneliñas que este ano terá lugar o vindeiro sábado, día 2 de novembro, a partires das 9 da noite. Previamente, dende as 7 da tarde, para os máis cativos haberá xogos populares e o obradoiro de cabazas. Estas…

READ MORE