Poio xa é fillo adoptivo de Leopoldo Nóvoa

A Concelleira de Cultura, Sívia Díaz, amosa un exemplar da edición do Quixote en Galego, doado polo pintor ao Centro Cultural Xaime Illa

Nun pleno extraordinario celebrado o pasado 29 de marzo, o Concello de Poio concedeu o título honorífico de Fillo Adoptivo ao pintor galego universal Leopoldo Novoa, vinculado a Raxó dende a súa infáncia e berce, tamén a nosa localidade, da súa extraordinaria obra pictorica.

Lamentabelmente, tal e como xa acontecera no caso de Xaime Illa, o Partido Popular non foi capaz de atender a petición de apoio que lle formulara SCD Raxó, cegado polo sectarismo dos seus edís e desperdiciando, unha vez máis, a valiosa oportunidade que se lle brindaba para enmendar esa tan merecida e mediocre imaxe.

Parabens ao Concello de Poio que coa súa sensibilidade  o que fai e honrarnos a todos/as viciños/as, pois non precisa Leopoldo Nóvoa de recoñecimento ningún ao estar avalado humana e intelectualmente por unha traxectoria e unha  obra mundialmente recoñecida e da que nós, como habitantes de Raxó, non podemos menos que, humildemente, sentirnos partícipes e, porque non? Tamén orgullosos.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.