XV Xornadas Estivais: “Revolución 2.0: Democracia e Liberdade”
Revolución 2.0: Democracia e Liberade, este é o título da decimo-quinta edición das Xornadas Estivais este ano organizadas conxuntamente coa Concellaría de Cultura do Concello de Poio.
Con este título pretendiamos facer fincapé no carácter marcadamente dixital e a importancia de Internet no artellamento destes movementos xurdidos no seo de redes sociais tales coma facebook e twitter. Atopamonos hoxe en día con tecnoloxías 2.0 , un termo inda hoxe descoñecido para a meirande parte da clase política, que implica rachar cos esquemas anteriores, pasando a sociedade a ter o control da mensaxe, unha mensaxe que esixe democracia e liberdade nas rúas.
Seguindo a estela da anterior edición, A crise a debate, onde tratabamos a crise da ideoloxías, dos dereitos, da educación,… este ano coa aparición na escea dos movementos 15M: Democracia Real Xa, #NonOsVotes e Xuventude sen Futuro así como a súa repercusión nos medios tanto nacionais coma internacionais. Durante as xornadas debateremos algunhas das propostas destes colectivos como son o reclamo dunha maior equidade social, emprego e a posta en entredito o modelo actual de representación política, apostando por un modelo máis directo.
O programa, que detallamos a continuación, componse de expertos na materia algúns deles implicados directamente cos movementos que compoñen o núcleo destas xornadas:
Martes 23 de Agosto
“Ética e Poder”
- Xosé Luís Barreiro Rivas: Analista político e profesor na Facultade de Ciencias Políticas da USC.
- Xavier Vence Deza: Catedrático de Economía Aplicada da USC.
Mércores 24 de Agosto
“15M: O sistema cuestionado”
- Francisco Martínez Hidalgo: Profesor na Facultade de Ciencias Políticas da USC.
- Cristina S. Marchán: Xornalista e representante de Acampada Obradoiro.
- Ángel Montero Campos: Responsábel de comunicación Democracia Real Xa.
Xoves 25 de Agosto
“Neoliberalismo e Política social en Galiza”
- Manuel Gonzélez Moreira: Médico. membro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
- Antolín Alcántara Álvarez: Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde laboral da CIG
A inscrición poderase facer:
- Dende o formulario desta web (pulsa nesta ligazón)
- Na Biblioteca da SCD Raxó (no centro Cultural Xaime Illa)
Facendo uso das ferramentas ao noso dispor e para aqueles que non estean preto de Raxó, serán estas as primeiras xornadas que se emitirán en directo a través da rede, poderán seguirse dende esta mesma páxina web. Dende ese mesmo medio poderase participar activamente enviando cuestións ou opinións.
2011,actividades,crise,democracia,galiza,liberdade,revolución,xornadas
Comments
[…] XV Xornadas Estivais: «Revolución 2.0: Democracia e Liberdade» raxocultural.org/2011/08/vx-xornadas-estivais-revolucion-2-0… por belay hai 2 segundos […]