Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela
O vindeiro venres, día 7 de xullo, a partires das 21 horas, organizado pola Sociedade Cultural Deportiva Raxó, co patrocinio da Deputación Provincial e a colaboración do Concello de Poio, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa un concerto da Orquestra de Saxos de Redondela. Nada fai máis de duas décadas, a Orquestra de Saxos,…
READ MORE
III Edición da Liga de Tenis
Neste ano 20018 volve, por terceiro ano consecutivo e despois do éxito das dúas anteriores convocatorias, a Liga de Tenis de Poio, que dará comezo no vindeiro mes de maio e que se desenrolará nas pistas de tenis de Monte Baldío. Xa está aberto o prazo de inscrición nas categorías de primeira e segunda, en…
READ MORE
O muro de contención do vial de aceso ao Porto de Raxó, un perigo para a integridade.
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, ante o lamentable estado do muro de contención do vial de aceso ao porto de Raxó, quere puntualizar o seguinte: Que tal situacións é provocada única e exclusivamente pola fobia política que o responsable de Portos de Galicia, Sr J.J. Durán ven manifestando contra toda alternativa que non sexa a…
READ MORE
Arqueoloxía, Antropoloxía e patrimonio Monumental en Poio
O vindeiro venres, día 29 de setembro, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó a inauguración da exposición Arqueoloxía, Antopolóxía e Patrimonio Monumental en Poio. A exposición está organizada conxuntamente polo Concello de Poio e a Sociedade Cultural Deportiva Raxó, e está baseada na recopilación do material obtido nas excavacións realizadas no noso…
READ MORE
Comunicado da SCD Raxó ante o accidente de tráfico acontecido o venres, día 22 de setembro de 20017
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, ante o grave accidente acontecido o pasado venres, día 22 de setembro, na nosa Parroquia, quere manifestar o seguinte: Ante todo, e en primeiro lugar, a nosa solidariedade coas víctimas dun sinistro que pudo ser evitado de terse tomadas en conta as advertencias e demandas que, dende distintos ángulos e…
READ MORE
Encontro Deporte e Mar
Na fin de semana do 15 ao 17 de xullo, celebrarase en Raxó o Encontro Deporte e Mar, organizado conxuntamente polo Raxó Clube de Fútbol, A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, o Concello de Poio, os hosteleiros da parroquia e a Deputación Provincial. Desenrolaránse actividades deportivas, como torneos de futbol, de brilet e, como novidade e…
READ MORE
Liga de Tenis Poio 2016
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, en colaboración coas Escolas Deportivas do Concello de Poio, pon en marcha a Liga de Tenis Poio 2016. Esta Liga, que se desenrolará nas pistas do Monte Baldio, constará de dúas categorías en femenino, masculino e mixta, sendo 16 anos a idade mínima establecida. O periodo de inscrición está aberto…
READ MORE
Mª Angeles Agís, a poesía de Raxó que froleceu na emigración
María de los ángeles (1964-2001) naceu un 17 de Decembro na cidade de Rafael Calzada, Bos Aires, Arxentina. Filla de Xosé Agís Iglesias, de Raxó, e de Carmen Agís Barreiro, tamén de Raxó. Foi elexida para participar en numerosas antoloxías como Breve muestra de poesía del Río de la Plata, selección 2; Entresiglos, selección de…
READ MORE
Xantar de Confraternidade
O Vindeiro domingo, día 15 de marzo, celebraremos, un ano máis, a Comida de Confraternidade que consitirá, como é habitual, nun cocido galego. O evento terá lugar no Bar a Fonte de Armenteira, sendo preceptivo inscribirse previamente, antes do vindeiro xoves 12 de marzo, na Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa ou na Librería Ardora
READ MORE
“…e din que chove” de Avelaíña Teatro o 28 de febreiro en Raxó
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, dentro do ciclo “Poio Escena” presenta, para o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a partires das 20:30 horas, no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, a representación da obra “…e din que chove”. Nesta xeira “Avelaíña Teatro” bota man das artes escénicas e artella música, canción e danza, poesía…
READ MORE