Aula de alfabetización de imaxe

aula de alfabetización de imaxeEstá aberto o prazo para a inscrición na “Aula de alfabetización de imaxe“, este curso organizado pola S.C.D Raxó en colaboración co Concello de Poio (Concellaría de Cultura) está dirixido a todos os públicos, non necesariamente a persoas con coñecementos de fotografía ou edición de imaxes e nel poderás aprender os fundamentos para o mellor aproveitamento da túa cámara compacta ou réflex.

Se xa tes coñecementos de fotografía ou edición de imaxes poderás seguir afondando no fascinante mundo da fotografía (dixital ou analóxica) pois esta aula está pensada para que cada un adquira coñecementos no campo que máis lle interese.

O curso dará comezo no momento en que se acaden polo menos oito inscritos e impartirase na aula de informática do Centro Cultural Xaime Illa.O prezo deste curso é de 40€/mes e poderás ir o tempo que estimes oportuno.

 

Se queres máis información ou inscribirte podes:

Agardámoste 😉

,,,,,

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.