Curso de Informática de usuario

cartaz-informáticaAta o vindeiro día 13 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación a informática. Ese mesmo día teremos unha reunión entre as interesadas e interesados en realizar o curso para coñecer as espectativas e o nivel co que contan.

Este curso está pensado para persoas con coñecementos básicos ou nulos para o emprego de sistemas informáticos. En principio está pensado para realizar duas sesións semanais de dúas horas cada unha, é dicir, catro horas semanais durante as que veremos as ferramentas básicas para poder desenvolvernos con soltura na rede, para a elaboración de cartas, escritos, envío de correo electrónico, e comunicación na rede.

Se tes interese en participar, acude o día 13 de novembro as 21,00h no Centro Cultural Xaime Illa.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.