Lembrando a Don José

Xosé Amador Neira (1888-1982)

Nace na freguesía de Santa María de Saavedra, concello de Begonte, o 3 de novembro de 1888. Fillo de María Neira López, púxolle de nome “José María Amador”, aínda que por unha extrana razón ou erro administrativo quedou “Amador” como primeiro apelido.

O nacimento nesta localidade da comarca da Terra Chá foi de casualidade, pois a súa nai estaba estabelecida na cidade de Lugo. As súas orixes faimiliares atópanse na aldea de Casaio (Lardeira-Carballeda de Valdeorras) e nunha aldea da comarca leonesa de Cabreira chamada Sigüeya (Benuza), sendo os seus avós maternos labregos abastados.

Ao igual que a súa irmá Carmen Neira López, nacida en 1885, era fillo biolóxico de Mariano Arahuetes Moñino, de orixe aristocrática que por via materna descendía dos condes de Floridablanca. A familia de Mariano Arahuetes nunca aceptou a relación sentimental que tiveron os pais de José, obrigando a María Neira a residir lonxe do fogar materno a cambio de facerse cargo da situación económica e necesidades dos seus fillos.

Cando era ainda un cativo trasládase a vivir xunto coa súa nai e a súa irmá á Infesta (Requián-Betanzos) onde moraban uns curmáns da nai.

D. José na súa casa de Raxó xunto a súa irmá. Na fotografía superior na inauguración da fábrica de conservas Camping, xunto ao daquela párroco, D. rafael Sotelo Rodal.

A carreira profisional de José Amador comeza en Ferrol no campo militar. Co grao de Cabo estivo ás ordes do que máis tarde sería ditador Francisco Franco. Chegou á graduación de Sarxento, máis a súa inclinación polas artes musicais fai que decida abandonar esta faceta e adicarse á música.

A súa tía, Cándida Arahuetes, que residía na cidade da Coruña, faise cargo da súa formación enviandoo a estudar ao Conservatorio de Música de Madrid. Alí aprende canto, así como os instrumentos de violín, piano, flauta, guitarra e outros. Finalizada a súa carreira artística, percorre o mundo con actuacións musicais, primeiro coa zarzuela e, despois, coa opereta, importante foi a súa actuación en “Bohemios” en Vigo.

Nunha das súas actuacións coñece a Teresa Ruggeri Stighetti, nacida en Brescia (Italia) o 8 de decembro de1887, coa que se casaría na igrexa parroquial da Nosa Señora do Carme de Ferrol o 15 de decembro de 1922, máis non chegaron a ter descendencia. Daquela aparece como empregado, ainda que formaron un grupo artístico chamado “Gali-Brescia”, do que ainda hai datos de actuacións deste dúo en Portugal en setembro de 1937: “Estreia da notável parella internacional Gali-Brescia. Como seu repertorio de duetos cómicos e serios á grande voz, canÇoes espanholas e tangos argentinos, acompanhados típicamente á viola e ao piano pelo distinta pianista Dna. Rosa Moura”.

Vendo que a faceta artística non daba para subsistir deciden abandonar a súa actividade musical. Residiron nun

No adro, ao pe do cruceiro.

princípio na Infesta até que se trasladan a Fonteculler (Rutis-Culleredo) onde traballa na Coruña como administrador da xastraría que tiña Andrés FEal (cuxos restos descansan en Raxó), marido da súa sobriña Isabel Deibe Neira. Andrés Feal foi xastre de Franco, polo que pasaba longas tempadas en Madrid.

Nunha viaxe polo sur de Galiza, a súa muller queda indisposta e paran casualmente en Raxó, onde coñecen a Rafael Casaponsa que o anima para que traballe para el como administrador da fábrica conserveira que ten en Raxó, pois non podía xestionala desde Vigo. Durante algún tempo estabelécense na Granxa (Dorrón-Sanxenxo), viven tamén na casa do mestre da escola de Raxó, así como nunha casa perto da praia de Sinás até que decide fixar a súa residencia  na Portería. A súa muller faleceu no lugar de Fonte Maior o 30 de Outubro de 1951.

En novembro de 1976 foi homenaxeado no Fogar do Pensionista de Pontevedra.

Formando dúo artístico coa súa dona, “Bicci”.

Os últimos anos da súa vida transcorren na casa da súa sobriña Cándida Deibe Neira, sita na rúa do Rego da Auga da Coruña, que o coida até o su pasamento. Morreu na Coruña o 30 de marzo de 1982 aos 93 anos, sendo soterrado no panteón da súa propiedade do cimeterio parroquial de Raxó o 31 de Marzo de 1982.

Comments

  • Conoció a su mujer,Beatriz y la llamaban Biçe,en Ferrol durante una actuación en la que a el le seleccionaron para el coro;allí empezó su romance por la Tia Biçe cuyo nombre adoptò mi madre para mu

  • Ola Rosemary,

    Polo que sei estudaches galego, por iso che escribo neste idioma.

    Fun eu quen fixo esta biografía, animándome para isto o meu amigo e compañeiro Xaquín Agulla, webmaster e membro da Sociedade Cultural de Raxó.

    Apertas galaico-norteamericanas.

    Celso Milleiro “fillo” (ou Junior)

    • Gracias, Celso. Aunque entiendo bastante bien el gallego, nunca inentaria escribirlo. Falar e outra cousa. Nos ha encantado la historia– muy bien contada y escrita! A ver cuando nos acercamos a Galicia. Un abrazo y saludos a todos, Rosemary.

  • Moitas grazas por esta biografía do meu tío bis-avó “Pepe”, ainda fican moitas cousas por engadir como a relación que mantivo cos veciños e veciñas de Raxó.

    Un saúdo desde Marín.

    Celso

    • Celso, Carlos se pregunta quien escribio esta biografia del tio Pepe. Gracias, un saludo a todos desde New York, Rosemary y Carlos Feal.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *