O teatro volve a Raxó co PoioEscena 2015

Cartaz do PoioEscena 2015
Cartaz do PoioEscena 2015

Un ano máis a S.C.D. Raxó colabora coa SCMeD Armadiña, a A.C.D. Samieira e coa Concellería de Cultura do Concello de Poio para por en marcha o ciclo de teatro afeccioado PoioEscena. Desta volta na súa 6 edición os organizadores facemos unha forte aposta polo mantemento dun ciclo regular de presentacións, cabendo este ano a posibilidade de incluir tres representacións a maiores das 12 iniciais, representacións bonus.

Como novidade este 2015 creamos o abono para todo o ciclo de teatro, con prezos populares de 5€ para socios e socias das tres asociacións coorganizadoras e 15€ para non socias. Este abono ven a substituir a entrada anticipada que existía anteriormente mais mantense a venda en taquilla aos prezos de anos anteriores (1€ socios e socias, 3€ para o resto de público).

Os abonos poderán recollerse na Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa ou o 28 de febreiro, día da primeira representación, na taquilla.

A primeira obra será, como diciamos, o sábado 28 de febreiro as 20:30 horas, estando a cargo de Avelaiña Teatro coa súa obra E din que chove, unha representación que estamos seguros non vos vai deixar indiferentes.

,

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *