XV Xornadas Estivais: “Revolución 2.0: Democracia e Liberdade”

xv Xornadas Estivais, Revolución 2.0: Democracia e Liberdade
Cartaz das xv Xornadas Estivais

Revolución 2.0: Democracia e Liberade, este é o título da decimo-quinta edición das Xornadas Estivais este ano organizadas conxuntamente coa Concellaría de Cultura do Concello de Poio.

Con este título pretendiamos facer fincapé no carácter marcadamente dixital e a importancia de Internet no artellamento destes movementos xurdidos no seo de redes sociais tales coma facebook e twitter. Atopamonos hoxe en día con tecnoloxías 2.0 , un termo inda hoxe descoñecido para a meirande parte da clase política, que implica rachar cos esquemas anteriores, pasando a sociedade a ter o control da mensaxe, unha mensaxe que esixe democracia e liberdade nas rúas.

Seguindo a estela da anterior edición, A crise a debate, onde tratabamos a crise da ideoloxías, dos dereitos, da educación,… este ano coa aparición na escea dos movementos 15M: Democracia Real Xa, #NonOsVotes e Xuventude sen Futuro así como a súa repercusión nos medios tanto nacionais coma internacionais. Durante as xornadas debateremos algunhas das propostas destes colectivos como son o reclamo dunha maior equidade social, emprego e a posta en entredito o modelo actual de representación política, apostando por un modelo máis directo.

O programa, que detallamos a continuación, componse de expertos na materia algúns deles implicados directamente cos movementos que compoñen o núcleo destas xornadas:

Martes 23 de Agosto

“Ética e Poder”

  • Xosé Luís Barreiro Rivas: Analista político e profesor na Facultade de Ciencias Políticas da USC.
  • Xavier Vence Deza: Catedrático de Economía Aplicada da USC.

Mércores 24 de Agosto

“15M: O sistema cuestionado”

  • Francisco Martínez Hidalgo: Profesor na Facultade de Ciencias Políticas da USC.
  • Cristina S. Marchán: Xornalista e representante de Acampada Obradoiro.
  • Ángel Montero Campos: Responsábel de comunicación Democracia Real Xa.

Xoves 25 de Agosto

“Neoliberalismo e Política social en Galiza”

  • Manuel Gonzélez Moreira: Médico. membro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
  • Antolín Alcántara Álvarez: Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde laboral da CIG

A inscrición poderase facer:

Facendo uso das ferramentas ao noso dispor e para aqueles que non estean preto de Raxó, serán estas as primeiras xornadas que se emitirán en directo a través da rede, poderán seguirse dende esta mesma páxina web. Dende ese mesmo medio poderase participar activamente enviando cuestións ou opinións.

,,,,,,,

Comments

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *