XVI Xornadas Estivais: “Ciencia con acento galego”

XVI xornadas estivais Ciencia con acento galego
XVI xornadas estivais “Ciencia con acento galego”

Este verán en Raxó falarase de ciencia porque en Galicia tamén se fai ciencia e en galego. As tradicionais Xornadas Estivais chegan a súa decimo sexta edición co obxectivo de amosar como a ciencia e a tecnoloxía falan galego e que os galegos temos moito que dicir neste ámbito.

Durante os vindeiros 16, 17 e 18 de setembro pasarán pola palestra no Centro Cultural Xaime Illa persoas de recoñecido prestixio nos seus distintos ámbitos: tecnoloxías da inforamción e a comunicación, investigación e innovación tanto de proceso coma de produto.

Día 16 de setembro

Estas xornadas comezarán o día 16 con Pablo Belay que nos contará a súa experiencia no desenvolvemento da galardoada aplicación para optimizar a pesca de baixura: Xeopesca. Esta aplicación pensada e deseñada dende unha optica galega e en galego ven de iniciar un exitoso percorrido. O mesmo día falaranos Manuela Buján Responsable de I+D da empresa alimentaria PortoMuiños, organización especializada no cultivo, elaboración e comercialización de conservas de produtos do mar tales como algas, cogumelos mariños e outro tipo de elementos similares. Esta persoa falaranos sobre os retos do sector conserveiro nos vindeiros anos así como do reto de por en marcha unha empresa destas características.

O dominio propio da Galiza que ven de porse en marcha o pasado 25 de xullo
O dominio propio ven de porse en marcha o pasado 25 de xullo

Día 17 de Setembro

A segunda sesión correrá a cargo de Marcus Fernández e Víctor López. O primeiro, de sobra coñecido pola súa traxectoria na radio galega e na revista sobre tecnoloxía en galego Código Cero. Como membro da directiva da asociación PuntoGal falaranos sobre a importancia do dominio propio galego recentemente acadado, e o que vai supor para a difusión da cultura e das empresas galegas na rede, permitindo posicionar dun xeito totalmente diferenciado a marca galega. Pola súa banda, Victor López que é presidente de EGANET, Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías, e que ten desenvolvido numerosos proxectos tecnolóxicos a través da súa Empresa AVA Soluciones Técnológicas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, falaranos sobre a posición e competitividade das empresas galegas TIC, e de cales son os retos e potencialidades cara o futuro neste ámbito.

Día 18 de setembro

Zeltia, farmaceutica galega nas xvi xornadas estivaisNa terceira, e derradeira, xornada Antonio Montero que colaborou na creación do Centro de Investigación do Metal, AIMEN, e chegou a ser director de Operacións de Zeltia nun momento chave para a súa diversificación con Pharma Mar, Pharmagen, etc, falaranos da innovación no sector industrial galego e os seus efectos no desenvolvemento económico do país. Xa para pechar o ciclo de palestras Xosé González máis coñecido por “Pepe de Redondela” como presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüistica falaranos da importancia e impacto da etiquetaxe en galego como potencial para o posicionamento dos produtos galegos no mercado.

As sesión desenvolveranse entre o 16 e o 18 de setembro as 20:30 horas no Centro Cultural Xaime Illa. A asistencia é gratuita e prégase puntualidade.

Descarga o tríptico.

Como chegar?

  • Lugar: Centro Cultural Xaime Illa
  • Enderezo: Rúa Igrexa, s/n 36992 Raxó (Poio) – Pontevedra
  • Coordenadas: 42.4066903,-8.7405666
  • Ligazón a openstreetmap
  • Ligazón a googleMaps

Existen duas zonas de aparcamento gratuito pegadas as instalacións do Centro Cultural.

,,

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *