ARCHIVES 2010
Comida de Confraternización
O pasado 28 de novembro os socios e seareiros da SCD Raxó xuntámonos a redor da mesa para disfrutar dun bo cocido, i é que a cultura faise moito mellor co bandullo cheo. Dende a SCD Raxó so nos queda expresar os nosos mellores desexos. Unha forte aperta a tod@s.
READ MORE
Magosto 2010
Onte como ven sendo habitual tódolos anos dende Sociedade Cultural e Deportiva Raxó organizamos o magosto popular: castañas, bo viño, música e o mellor de todo a compaña e bo humor de todos os veciños e veciñas. Para que os que non puidestes asistir morrades de envexa 😉 e para os que queirades ter un…
READ MORE
As Xornadas 2010 en imaxes
Nos próximos días iremos engadindo o material resultante das XIV Xornadas Estivais Sobre Lingua e Cultura galega. Hoxe deixamos a vosa disposición o albume fotográfico das xornadas 2010.
READ MORE
XIV Xornadas Estivais: A crise a debate
A crise, un dos temas máis recorrentes dos últimos tempos será analizada de forma profunda e obxectiva durante as XIV Xornadas Estivais organizadas pola S.C.D. Raxó para este verán 2010. Estas XIV serán unhas xornadas especiais posto que servirán de inauguración do Centro Cultural “Xaime Illa Couto”
READ MORE
Chamamento de Novoneyra ós galegos
A Academia Galega adicou este ano o Día das letras galegas a honrar a memoria e a obra do poeta do Courel, Uxio Novoneyra. A Sociedade Cultural Deportiva Raxó quere, tamén, facer a súa modesta contribución facendo público un poema inédito de Novoneyra do ano 1957, xentileza de Luis Rosales, pintor afincado na nosa localidade.
READ MORE
Pechan Chuza! e Vieiros
Este pasado 25 de xullo foi un dos días da Patria Galega máis negros no que se refire á lingua galega na internet, dous dos medios galegos 2.0 máis emblemáticos pecharon as súas portas: Chuza! e Vieiros. En palabras do creador de Chuza! Berto Yáñez, “Un día coma outro calquera” amosando unha clara retranca. Para…
READ MORE
A toponimia como patrimonio cultural
A toponimia é a memoria da relación do pobo co medio ao longo dos séculos. Tanto por antigüidade, variedade e número, o noso País goza dunha grande riqueza toponímica, cifrada en mais de dous millóns de topónimos, debidos, fundamentalmente, a tres factores: a orografía, a dispersión poboacional e a división da propiedade. Porén, a progresiva…
READ MORE
A sociedade Cultural e Deportiva Raxó, tres décadas de actividade social en favor de Raxó
Fundada en 1981, é, polo tanto, das entidades sociais actualmente operativas no Concello de Poio, unha das máis antigas. Logo dunha primeira etapa meramente instrumental e dependente da Asociación de veciños, foi recuperada no ano 1994, mantendo dende entón unha dinámica propia e prolífica, tanto en actividades como en presenza social. A súa traxectoria, non…
READ MORE
Conferencia do XVIII Certame Xaime Isla Couto 2010
Unha vez máis, coincidindo co día das Letras Galegas adicado a Uxio Novoneyra, para a entrega dos premios do XVIII Certame Literario Xaime Isla, puidemos contar coa presenza da profesora Ana Outón, licenciada pola Universidade de Vigo en Filoloxía Galega e coautora do libriño 55 mentiras sobre a lingua galega , e que nos deleitou…
READ MORE
Estamos mudando a web
Estamos mudando a web para facela máis atractiva e usábel. Desculpa as molestias.
READ MORE