Pechan Chuza! e Vieiros

Chuza! pecha as súas portas, agardemos que so sexa temporamente
Páxina que amosa actualmente chuza!

Este pasado 25 de xullo foi un dos días da Patria Galega máis negros no que se refire á lingua galega na internet, dous dos medios galegos 2.0 máis emblemáticos pecharon as súas portas: Chuza! e Vieiros.

En palabras do creador de Chuza! Berto Yáñez, “Un día coma outro calqueraamosando unha clara retranca.

Para os que non coñezades Chuza!, é un sistema de publicación de novas non xerárquico, no que os usuarios deciden as novas que soben a portada e cales non mediante os seus votos e comentarios. Está baseado en sistemas coma Digg ou Meneame – usa o motor meneame -. O peche de Chuza débese ao cansanzo do seu creador, que despois de catro anos de intenso traballo decidiu abandonar, sen atopar a ningunha asociación que se interesase por darlle continuidade ao proxecto.

despedida de vieiros tras 15 anos de traballo continuado
Despedida de vieiros tras 15 anos de traballo continuado

O caso de Vieiros é ben distinto, foi o primeiro xornal web completamente en galego e veu a luz 15 anos atrás, un 24 de febreiro de 1996 – unha data emblemática para os galegos -; os problemas económicos e a falta de apoio institucional precipitaron a perda desta cabeceira, que durante a época do bipartito viviu o seu maior pulo. Nas últimas Xornadas Estivais organizadas dende esta asociación, aló polo ano 2007, adicadas á comunicación puidemos contar con Ramón Vilar Landeira que daquela fora nomeado recentemente Director de Vieiros e que agora tocoulle o que é de seguro a situación máis dura que debe pasar un director.

Existe un raio para a esperanza, alomenos para Chuza!, posto que os seus usuarios rapidamente reaccionaron e están a se organizar nunha asociación que xestione unha nova etapa desta web de forma colaborativa. Dende aquí nada máis que desexarlles sorte.

,,,,,

Comments

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.