Leopoldo Nóvoa, fillo de Raxó
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó ven de solicitar do Concello de Poio a declaración de Leopoldo Novoa como fillo adoptivo.
Esta petición sustentase na longa e intensa relación que o pintor ven mantendo con Raxó dende a súa infancia en que residiu na quinta que os Novoa posuian na nosa localidade, de tal xeito que el mesmo ten manifestado públicamente en máis dunha ocasión que a súa patria rilkiana -a pátria dunha persoa é a súa infancia- é Raxó.
Logo dun longo e prolífico exilio en Sudamerica e Francia, Leopoldo retorna xa no tardofranquismo, alternando as suas estadias na Bouza de Echeverría, primeiramente, e na súa casa de Armenteira despois, co traballo no seu estudo de París.
A SCD-Raxó apela á sensibilidade de os tres grupos con representación municipal para que esta iniciativa saia con máis consenso que o obtido na denominación do Centro Cultural en que o PP, de quen agardamos saiba aproveitar a nova oportunidade que se lle brinda, decidiu demagoxicamente non apoiar a nosa iniciativa nun triste caso de inxustiza histórica con Xaime Illa.
Leave a comment