“Os suicidas”, o 14 de xuño, nova función teatral no Centro Cultural Xaime Illa De Raxó
Organizada pola SCD Raxó, o sábado 14 de xuño, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, dentro do ciclo Poio Escena, a función teatral titulada Os suicidas.
Os suicidas é a proposta da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra para, a través do humor, tentar superar estes malos tempos de crise.
Baseada en textos de autores galegos como Manuel Rivas, Manuel Lourenzo ou catalánas como Quim Monzó, Os suicidas conta, a través de diversas e divertidas escenas, a perda de valores dunha sociedade consumista e caprichosa. Deste xeito, recolle situacións cotiás, familiares, íntimas e mesmo absurdas…que reflicten como as persoas camiñan cara a falta de identidade.
O espectáculo fai un repaso aos quince anos de funcionamento da Aula de Teatro no Concello de Pontevedra e ofrece algunhas das escenas máis divertidas de obras representadas durante a traxectoria deste espazo de iniciación ao teatro.
A montaxe conta cun reparto formado por quince actores e afeccionados de idades comprendidas entre os quince e os sesenta anos que llevan traballando máis de cinco meses na producción deste espectáculo.
Hora de representación: ás 21:30 do sábado 14 de xuño de 2014.
Duración: 1 hora 10 minutos.
Tempo de montaxe do material escénico: 5 horas.
Tempo de desmontaxe: 1 hora.
Leave a comment