O Antroido

 

O antroidoO cambeo de cara que supón a máscara, mostra tamén aquela parte de vida que se oculta diariamente, de ahí que nestas datas esté permitido facer aquelo que non está o resto do ano, porque se considera unha falta grave contra a boa crianza, as costumes e mesmo contra as leises. Así as bromas, moitas delas pesadas, o emporcalla á xente con fariña e cinza, e sobor de todo, o dereito das máscaras a descobrír feitos da vida das persoas e dos políticos. E normal facer en cantos e coplas unha crítica aceirada da sociedade, dos viciños e das autoridades, así como de aqueles feitos que máis preocupan e que están de máis actualidade.
 
Entroido, Antroido e aínda outras variantes, ven do latín Introitus í é festa con raigamens moi antergas.
O Entroido abrangue un ciclo de 17 días que comeza dous domingos denantes do própio Antroido: Domingo Fareleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo, Luns e Martes de Antroido e o Mércores de Cinza, en que ten lugar o Enterro da Sardiña.
Hai lugares de Ourense nos que principia o ciclo cunha cencerrada. Os mozos provistos de buguinas, percorrian o pobo armando un grande ruído. En Carballai, Lugo, van rapaces dentro de sacos, batendo latas, i en Larouco, Ourense, sae o grupo que chaman Morrión, tamén con latas, pandeiros e tobas.
O Xoves de Compadres as mozas fan o reco, coresmo ou lardeiro. O lardeiro é un moneco de palla que argallan as mozas e visten cun traxe roubado a un mozo. Corren o pelele polas ruas, namentras os mozos pretenden arrincarllo das mans. Pola contra o Xoves de Comadres son os mozos quenes fan a lardeira co mesmo ritual de loita de sexos. Lardeiro e Lardeira queimánse publicamente, ás veces con leitura dos Testamentos.
O domingo intermedio antre un e outro xoves é o Corredoiro. A troula, principiada o Domingo Fareleiro, recrecía no Corredoiro. Vellos e mozos saen á rúa e botan aos transeuntes formigas cabalarias, farelos, fariña ou tisne; hai comparsas e mascaradas e ruben ós balcóns a enzoufar ás rapazas.
Nembargantes, o máis importante neste día na maior parte de Galiza, aínda que nalgures teña lugar en datas distintas, é o Xogo das olas, ou cachelas. Homes e mulleres en roda tiran dúns a outros as olas, con grande rechifra á quen a deixe cair. Máscara de indubidable interese é o Cigarrón verinense, Peliqueiro de Laza e Pantalla de Xinzo, variantes en amplo ámeto de Galiza (irrio, farricoque, axouxeiro, murrieiro, charrua, choqueiro…) Viste o Cigarrón ou Peliqueiro chaquetiña curta con galóns, calzón branco coberto de freques e bolras de coor, pañoleta regalo da noiva, chocas ao cinto e careta de madeira cunha especie de mitra, leva un motivo de ordinario, zodárico. Empuña o zarrapo, semellante ao mallo, formado por mangueira de pau e pértigo de coiro, coil bate aos transeuntes.
O Antroido, espantallo que nalgúns sitios ponse nun punto cimeiro do pobo, quéimase o martes ao findar a festa.
O Enterro da Sardiña, celébrase o mércores de cinza. Percorre o pobo un cortexo estranamente vestido con faldas de mulleres e traxes farrapentos. Outros simulando cregos e sacristáns, uns con caldeira finxindo o incensario, chea de xofre, cascos de cabalo e goma ardendo; outros cunha choca facendo de campaíña. Levan un moneco ou un ataúde. Len o Testamento ou sermón e, ao cabo, tiran ao ría o moneco en meio do bulreiro pranto.

 

Comments

Deixa una resposta a Mª Pilar Lossada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.