“Os suicidas”, o 14 de xuño, nova función teatral no Centro Cultural Xaime Illa De Raxó

Organizada pola SCD Raxó, o  sábado 14 de xuño, terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, dentro do ciclo Poio Escena, a función actuación-bonus teatral titulada Os suicidas.

Os suicidas é a proposta da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra para, a través do humor, tentar superar estes malos tempos de crise.

Baseada en textos de autores galegos como Manuel Rivas, Manuel Lourenzo ou catalánas como Quim Monzó, Os suicidas conta, a través de diversas e divertidas escenas, a perda de valores dunha sociedade consumista e caprichosa. Deste xeito, recolle situacións cotiás, familiares, íntimas e mesmo absurdas…que reflicten como as persoas camiñan cara a falta de identidade.

O espectáculo fai un repaso aos quince anos de funcionamento da Aula de Teatro no Concello de Pontevedra e ofrece algunhas das escenas máis divertidas de obras representadas durante a traxectoria deste espazo de iniciación ao teatro.

A montaxe conta cun reparto formado por quince actores e afeccionados de idades comprendidas entre os quince e os sesenta anos que llevan traballando máis de cinco meses na producción deste espectáculo.

Hora de representación: ás 21:30 do sábado 14 de xuño de 2014.

Duración: 1 hora 10 minutos.

Tempo de montaxe do material escénico: 5 horas.

Tempo de desmontaxe: 1 hora.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *