Leopoldo Nóvoa, fillo de Raxó

O pintor con Xaquín Agulla no seu estudo de Armenteira A Sociedade Cultural Deportiva Raxó ven de solicitar do Concello de Poio a declaración de Leopoldo Novoa como fillo adoptivo.

Esta petición sustentase na longa e intensa relación que o pintor ven mantendo con Raxó dende a súa infancia en que residiu na quinta que os Novoa posuian na nosa localidade, de tal xeito que el mesmo ten manifestado públicamente en máis dunha ocasión que a súa patria rilkiana -a pátria dunha persoa é a súa infancia- é Raxó.

Logo dun longo e prolífico exilio en Sudamerica e Francia, Leopoldo retorna xa no tardofranquismo, alternando as suas estadias   na Bouza de Echeverría, primeiramente,  e na súa casa de Armenteira despois, co traballo no seu estudo de París.

A SCD-Raxó apela á sensibilidade de os tres grupos con representación municipal para que esta iniciativa saia con máis consenso que o obtido na denominación do Centro Cultural en que o PP, de quen agardamos saiba aproveitar a nova oportunidade que se lle brinda,  decidiu demagoxicamente non apoiar a nosa iniciativa nun triste caso de inxustiza histórica con Xaime Illa.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.